O mercador de Venecia

· .
E-bok
136
Sidor
Kvalificerad
Betyg och recensioner verifieras inte  Läs mer

Om den här e-boken

O mercador de Venecia é unha das obras máis atractivas e populares de Shakespeare. O seu título é enganoso. Antonio, mercador veneciano, pide a Shylock, prestamista xudeu, tres mil ducados para que o seu amigo Basanio, nobre veneciano empobrecido, poida ir con grande ostentación e boato competir pola man e a fortuna da fermosa Porcia. Shylock accede coa condición de que se aos tres meses non se devolve o préstamo, Antonio deberá pagar cunha libra de carne do seu corpo. Porcia non pode escoller marido libremente. Seu defunto pai deixou disposto que ten que casar co pretendente que acerte entre tres cofres (un de ouro, outro de prata e outro de chumbo) cal é o que contén o seu retrato. A historia principal da obra non é a de Antonio, senón a de Basanio, Porcia e os tres cofres. Shylock ten un papel relativamente curto. Non é o personaxe protagonista, mais é a pedra angular da obra, o referente que queda na memoria de lectores e espectadores. Shylock é un personaxe complexo, contraditorio e susceptible de moitas interpretacións. Isa é a razón de que sexa tan atractivo para grandes actores e da popularidade da obra entre os espectadores e lectores ao longo dos séculos. O mercador de Venecia, pese ao embrión de traxedia que contén, é unha comedia romántica e, como tal, ten un final feliz, mais con dous perdedores: Shylock e Antonio.

Betygsätt e-boken

Berätta vad du tycker.

Läsinformation

Smartphones och surfplattor
Installera appen Google Play Böcker för Android och iPad/iPhone. Appen synkroniseras automatiskt med ditt konto så att du kan läsa online eller offline var du än befinner dig.
Laptops och stationära datorer
Du kan lyssna på ljudböcker som du har köpt på Google Play via webbläsaren på datorn.
Läsplattor och andra enheter
Om du vill läsa boken på enheter med e-bläck, till exempel Kobo-läsplattor, måste du ladda ned en fil och överföra den till enheten. Följ anvisningarna i hjälpcentret om du vill överföra filerna till en kompatibel läsplatta.